O calendario de AJE Pontevedra pon aos políticos "pisando barro"
Por Oskar Viéitez
Este ano os emprendedores de AJE Pontevedra puxeron aos políticos "pisando barro" para que coñezan o día a día dos empresarios.
Despois de vestir de superheroes aos nosos representantes públicos no calendario solidario do 2017 para o próximo ano a Asociación de Jóvenes Empresarios púxoos na pel dun dos seus.
Podemos ver ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, de perruqueiro, á presidenta da Deputación, Carmela Silva, de profesora; ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, de xastre ou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de arquitecto. Así unha longa de lista de participantes.
A Deputación colaborou cunha primeira edición de 750 exemplares que venderán ao prezo de 5 euros cada un. A recadación entregarase ao comedor social de San Francisco.
O presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández, desexa que se esgote o calendario e teñan que imprimir novas edicións.
Relacionadas:
-
A Asociación de Jóvenes Empresarios pide medidas para fomentar a natalidade
Por Anxo Lourido |
-
Aje Pontevedra entrega ao Comedor de San Francisco a recadación do seu calendario solidario
Por Oskar Viéitez |
-
AJE presenta a Rueda como Thor e a Lores como Iron Man no seu calendario solidario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Políticos e empresarios 'de cine' no novo calendario solidario de AJE
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |