Emerxencias Sanxenxo eliminou 190 niños de velutina durante 2017
Por Redacción
O servizo de Emerxencias Sanxenxo aumentou substancialmente as súas intervencións este ano para eliminar niños de avespa velutina.
Durante 2017, o servizo municipal de emerxencias eliminou 190 niños, sendo o mes de maior afectación xullo con 43 niños seguido de agosto con 33.
Ao comparalos cos datos de 2016 nótase o aumento nas actuacións, xa que entón producíronse un total de 68 avisos e só a retirada de 17 niños.
En canto ao número de avisos recibidos, no que vai de ano recibíronse 304 chamadas alertando da posible existencia de velutinas, sendo Adina o lugar que rexistrou unha maior actividade con 93 avisos polos 49 de Noalla.
PREVENCIÓN
Para seguir loitando contra o avance desta especie invasora, o Concello de Sanxenxo anunciou a compra de 200 trampas, que serán colocadas ao longo do municipio entre febreiro e xuño
"Sabemos que co trampeo non as imos a capturar todas, pero si trataremos de frear o seu avance", sinalou Antonio Folgada, responsable do servizo de Emerxencias.