A programación de Nadal de Poio arrancará coa chegada dos Bolechas o día 30 de decembro
Por Oskar Viéitez
A programación de Nadal do Concello de Poio arrancará coa chegada dos Bolechas o día 30 de decembro.
Nesta edición, a Concellería de Cultura e Festexos, plantexa unha programación cultural que permita á veciñanza dispoñer dunha alternativa de ocio para os máis cativos e as súas familias no período vacacional, habilitando un espazo temporal específico "A burbulla do Nadal", situado na Seca, que será o referente das diversas propostas do Nadal de Poio.
Entre outras actividades, haberá contacontos, espectáculos de animación infantil, música, maxia, obradoiros creativos, recepción dos Reis Magos, saúdo dos Reis polas parroquias e cabalgata.
30 decembro
- Os Bolechas visitan Poio, Xira de Nadal, No Centro Cultural Xaime Illa. Ás 19.00 horas, previa reserva de entrada.
2, 3 e 4 de xaneiro
- A Burbulla do Nadal (A Seca) Espazo infantil aberto polas tardes a partires das 17.00 horas. (Obradoiros creativos de comercio xusto, xoguetes en igualdade, tradicional de Nadal, música, xogos tradicionais, etc)
- Percorridos en pequenos grupos de monociclos e bicicletas.
- Espectáculos de animación infantil a partires das 18.30 horas.
- 2 de xaneiro
- "Os Piñeiriños" Fuco e Xela convidan aos rapaces a introducirse no mundo da música dun xeito máxico, a través do cal abordarán temáticas variadas como a igualdade, a introducción á poesía, as letras galegas, o nadal…
- 3 de xaneiro
- "Globotolo" Barufanda animación, un espectáculo baseado no arte de darlle forma o aire con globos.
- 4 de xaneiro
- Obradoiro de música electrónica e construcción dun instrumento musical con froitas "Juanma Lodo"
5 de xaneiro, Día de Reis
- 11.00 horas. Percorrido dos Reis Magos polas parroquias
- 12.45 horas. Acto de entrega do concurso de tarxetas de Nadal, Punto de encontro cos Reis (recepción, agasallos, fotos…) Na "Burbulla do Nadal" da Seca. No caso de choiva trasladarase ao pavillón do CEIP Isidora Riestra
- 17.00 horas. Cabalgata de Reis