Papá Noel e Paz Lago presentan a programación de Nadal en Sanxenxo
Por Redacción
A concellería de cultura e educación do Concello de Sanxenxo presentou a programación de Nadal que inclúe talleres, festivais de panxoliñas, exposicións de debuxos, teatro, deportes, concertos ou bailes, culminando coas tradicionais cabalgatas de Reis e o concerto da Banda Municipal de Música de Sanxenxo.
Dentro das novidades deste ano, e para dar cabida a unha oferta centrada nos máis novos seareiros das novas tecnoloxías, levarase a cabo os "obradoiros de robótica" para nenos desde primaria ata bacharelato, "unha iniciativa que conta con importante demanda e que dentro do seu contido vai ter presente o Nadal", segundo a responsable da programación.
Sen dúbida o nadal son datas moi especiais para os nenos. Coa Festa Infantil de Nadal no pavillón de Baltar terán unha tarde de gozar a través de talleres, música e inchables. Outro dos ingredientes esenciais para obter un Nadal especial é sen dúbida a maxia, para iso están programados en diferentes días espectáculos de maxia en Vilalonga, Portonovo e Sanxenxo para toda a familia, a través do carteiro real, do espectáculo de maxia e do mago móbil.
"A nosa intención é que todos, grandes e pequenos, desfruten en familia dás actividades, se leven un bonito recordo, un sorriso e un pouco de ilusión", destaca a concelleira Paz Lago. Ademais, queremos "agradecer o traballo das diferentes asociacións e colectivos que colaboran na creación da programación que fan posible que a maxia do Nadal inunde tódolos recunchos de Sanxenxo"
PROGRAMACIÓN
Para os obradoiros de Nadal, o día 11 abriuse o prazo de inscrición dirixidos a nenos de 3 a 12 anos, que se desenvolverán os días 22 e 23 en Portonovo, o 26 e o 27 en Sanxenxo e o 28 e 29 en Vilalonga. Con esta iniciativa, os máis pequenos terán a oportunidade de elaborar agasallos e participar en divertidas accións que se realizarán en horario de 11.00 a 13.30 horas.
Sábado 16
- III Festa de Nadal Neen@ s, a partir das 16.30 na casa de cultura de Adina. Con exhibición de Taekwondo, obra de teatro "O pino e a neve" e animación musical de Angi & Tere.
Domingo 17
- Certame Eurovisión 2017, organizado por Teatro O Laranxo en colaboración co Cancello de Sanxenxo, ás 18.00 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán.
- Ás 19.00 horas festival de Panxoliñas no Centro Sociocultural de Vilalonga.
Xoves 21 e venres 22 de decembro
- Festas na Honra a Santo Tomé de Gondar.
- Contos de Nadal, para nenos de educación infantil na Biblioteca de Portonovo, o venres desde as 16.30 horas ás 18.00 horas.
Sábado 23
- A asociación folclórica Abiñadoira organiza unha xornada de cantos de música galega nas rúas con " Abiñadoira vai de xaneiras".
- Festival de Panxoliñas en Portonovo ás 19.00 horas no Usos Múltiples de Portonovo.
- A banda de música de Sanxenxo presentará os seus instrumentos en Sons de Nadal ás 17.30 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán.
- A AECC regala sorrisos por Nadal.
- Ás 11.00 h. estará na praza de abastos de Portonovo e o Parque do Espiñeiro con Papá Noel.
- Ás 12.15 h. visitarán a praza de abastos de Sanxenxo, a rúa Madrid e a praza de Pascual Veiga.
- Ás 17:30 h. Papa Noel e a AECC estarán en Vilalonga na praza pública
- Ás 19.00 h. na Adega Eidos, cun showroom solidario.
Domingo 24 de decembro
- O Apalpador a partir das 12.00 horas nas rúas de Sanxenxo para comprobar que todos os nenos comeron o suficiente durante o ano e desexándolles un feliz ano novo cheo de felicidade e comida.
- A asociación cultural Soalleira fará un percorrido por Dorrón, cun Canto de Panxoliñas e a compañía do Apalpador.
- A partir das 17.30 horas Papá Noel percorrerá as principais rúas de Portonovo nunha cabalgata organizada pola asociación Portonovo na rúa. O percorrido terminará cunha recepción de Papá Noel no Usos Múltiples de Portonovo.
Luns 25 de decembro
- O tradicional belén vivente da Asociación cultural comisión de festas Virxen do Carmen de Noalla en colaboración coa asociación cultural Airiños da Lanzada ás 12.00 horas na igrexa de Noalla.
- O belén vivente en Aios, ás 13.00 horas, organizado pola asociación xuvenil os Raposos.
Martes 26 de decembro
- A asociación cultural Comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla celebrará a festividade de San Esteban cunha misa e posterior procesión que comezará ás 13.00 horas. Pola noite verbena na casa social forestal As Canteiras.
Os días 27, 28 e 29,
- De 10.30 a 13.30 horas os nenos da ESO e de Bacharelato poderán divertirse creando e usando robots Makeblock Ranger. O prazo de inscrición para participar nesta actividade ábrese o día 18 e pecharase no momento que se cubran todas as prazas. A inscrición ten un custo de 15 euros e poderá formalizarse no pazo Emilia Pardo Bazán ou no telf. 986 72 79 36.
- A Asociación Neen@ s, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza para os días 27, 28 e 29, de 16.00 a 19.00 horas un obradoiro de Kamisibal " Lendas Galegas", no local da Asociación.
Venres 30 de decembro
- Pola tarde, festa infantil con inchables e obradoiros no pavillón de Baltar.
Sábado 31 de decembro
- Ás 12.00 horas na Praza de Pascual Veiga, cun fin de ano adiantado organizado pola Asociación O Cubreiro coa colaboración de locais comerciais e Concello.
Días 2, 3 e 4 de xaneiro,
- Os nenos de educación primaria poderán divertirse creando e usando robots Makeblock Rangerla no Pazo Emilia Pardo Bazán. A inscrición tamén comezará o próximo día 18 de decembro.
Mércores 4 de xaneiro,
- O carteiro real chegará ao centro sociocultural de Vilalonga a partir das 12.00 horas con maxia para toda a familia.
- Pola tarde, habra un espectáculo de maxia co Mago Antón a partir das 18.00 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán.
Xoves 5 de xaneiro
- O Mago Antón tamén estará ás 12.00 h no Parque do Espiñeiro e ás 18.00 h na praza dous barcos, co mago móbil.
- Gran cabalgata dos Reis Magos pola tarde con recepción en Portonovo ás 17.00 h e a saída da cabalgata ás 18.30 polas rúas de Portonovo e Sanxenxo.
- En Vilalonga tamén haberá unha recepción dos reis no pavillón, organizada pola Asociación de veciños O Salnés.
- En Noalla unha cabalgata organizada pola asociación cultural comisión de festas Virxe do Carmen, Airiños da Lanzada e a Esmorga.
Venres 6 de xaneiro
- Aios escenificará un belén vivente a cargo da asociación xuvenil Os Raposos na escola de educación infantil ás 13 horas e antes, ás 11 da mañá sairá a Cabalgata de Reis.
- A Banda de Música Municipal de Sanxenxo ofrecerá tamén o seu tradicional concerto solidario o 6 de xaneiro no Pazo Emilia Pardo Bazán, que comezará ás 19 horas e para o que solicitan, a modo de entrada, alimentos non perecedoiros.
Sábado 7 de xaneiro
- Danzas de Reis con Soalleira en Sanxenxo e Portonovo ás 12.30 e ás 13.30 horas
- Exhibición do Club Rítmica Salnés no pavillón de deportes de Baltar ás 12 horas.
Relacionadas:
-
Sons de Nadal da banda de música de Sanxenxo
Por Redacción |
-
As luces de Nadal xa iluminan todo Sanxenxo
Por Redacción |
-
Telmo Martín poñerá en Sanxenxo unha "Estrela da Morte" como a de Caballero en Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
Paz Lago reúnese coas asociacións organizadoras das cabalgatas do Nadal para evitar os problemas da última edición
Por Oskar Viéitez |