Comezan os traballos de mantemento do Pazo da Cultura, o Recinto Feiral e o Teatro Principal
Por Redacción
O Pazo da Cultura e o Teatro Principal mudan a súa cara. Xa comezaron os traballos de acondicionamento e mantemento dos dous edificios culturais, coas obras de instalación dos marcos exteriores de aluminio das cristeiras do Recinto Feiral e o seu pintado interior. ÿ un dos traballos máis urxentes dunha carteira de obras necesarias para manter en perfectas condicións de uso e disfrute o Pazo e o Teatro Principal.
Todas as obras programadas dende aquí ata final de ano están valoradas en case 310.000 euros e con eles acometerase o pintado dos interiores do Pazo e do Teatro, o reforzo dos equipos de emerxencia das dúas sedes, a mellora dos sistemas de antincendios, a mellora da fontanería do Pazo ou as obras no sistema de climatización, entre outros traballos.
As melloras iranse facendo en coordinación coas programacións do Pazo, do Recinto e do Teatro, pero estarán rematadas a final de ano.
O presidente do Ente autónomo Pazo da Cultura, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, explicou no seu día que "non podiamos esperar moito máis, xa que son obras imprescindibles que permitirán, ademais, inxectar liquidez nas arcas do concello e contribuír á economía local".