Portos de Galicia retira máis de 13 toneladas de residuos dos fondos mariños de Bueu, Meloxo e Vilanova
Por Redacción
Portos de Galicia leva retirado máis de 166 toneladas de residuos voluminosos dos fondos mariños dentro do Plan de Limpeza de Dársenas que vén desenvolvendo dende o ano 2013.
O presidente do ente público, José Juan Durán, informou este xoves nunha rolda de prensa celebrada na sé do organismo en Pontevedra que ata o momento téñense executado catro fases deste plan, posto en marcha por primeira vez en 2013 e 2014 e retomado en 2016 e 2017.
Nestas catro edicións desenvolvéronse limpezas subacuáticas en máis dunha trintena de dársenas das tres provincias costeiras.
José Juan Durán salientou que ao peche da campaña de 2017 na provincia de Pontevedra recolléronse 13.600 quilos procedentes da limpeza dos portos de Bueu (3.820 quilos) Meloxo (5.040 quilos) en Vilanova de Arousa (4.740 quilos).
En total en Galicia, neste 2017 recolléronse 38.260 quilos de residuos voluminosos, que se suman aos 85.000 rexistrados en 2016; 12.200 en 2014; e 30.800 en 2013.
Entre o máis rechamante, o presidente de Portos destacou a recuperación dunha moto do fondo do mar, ademáis de valos de sinalización ou cadeiras ainda que o máis habitual foron os aparellos de pesca e cabos, entre outros residuos extraídos de medianas e grandes dimensións.
O equipo de traballo habitual está formado por cinco mergulladores e como medios mecánicos contouse cun barco con grúa. Ademais da empresa encargada da limpeza na lámina de auga, dende terra colabora con ela a empresa concesionaria do servizo de limpeza de Portos de Galicia. Esta é a encargada da recollida do lixo e depósito nos contedores de recollida selectiva xa preparados.
O obxectivo último desta acción de Portos de Galicia é mellorar a seguridade nas augas interiores e impulsar a protección da fauna mariña. Deste modo refórzase a sustentabilidade ambiental dos peiraos de titularidade autonómica, unha das liñas de traballo estratéxicas do ente público.
Relacionadas:
-
A Xunta activa un plan de limpeza de dársenas nos peiraos de Beluso, Pedras Negras e Combarro
Por Redacción |
-
O Porto de Marín leva retiradas 20 toneladas de lixo mariño
Por Redacción |
-
O Porto de Marín expón en Madrid a súa experiencia en xestión de residuos
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retirou 6.700 quilos de lixo mariño no último trimestre
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria fixo recollida selectiva de preto de 1.000 toneladas de residuos durante 2017
Por Redacción |
-
Portos de Galicia renova o pavimento do peirao de San Adrián de Cobres
Por Redacción |
-
Afunde un barco no porto do Corgo, no Grove
Por Redacción |
-
Poio habilitará un total de 95 novas prazas de estacionamento no núcleo urbano de Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Un motor foraborda e un monopatín entre as 13 toneladas de residuos retiradas do fondo mariño
Por Redacción |