Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento da folga na xustiza e a Xunta redúceo á metade
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos convocantes dunha nova xornada de folga na administración de xustiza de Galicia este mércores cifran o seguimento medio na Comunidade galega nun 90%, mentres que a Xunta reduce o apoio ao 46,97 por cento.
A convocatoria realizada por SPJ USO, UXT, CIG, CSIF, CC. OO., STAJ e CUT en Galicia rexistrou un seguimento medio do 95% na cidade de Pontevedra, en Marín do 100% e en Caldas en 95%. No caso dos xulgados da Parda o seguimento foi do 91,8%, nos do Concencioso 100% e na Audiencia Provincial 94,6%.
A Xunta destacou que os servizos mínimos decretados están a cumprirse "na súa totalidade" e "non hai constancia de incidencias de relevancia".
No marco destas protestas, os sindicatos levaron a cabo unha manifestación que saíu do edificio xudicial da Parda pasando pola Audiencia Provincial e con parada final na Delegación territorial da Xunta en Campolongo.
A plataforma sindical sinalou o aumento de participación nesta xornada algo que xustifican en que os traballadores toman "máis conciencia" da situación en Galicia ante as reivindicacións de melloras salariais e sociais para equiparse a funcionarios de xustiza doutras comunidades autónomas.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza citou aos sindicatos para unha nova reunión o día 20, co fin de "seguir dialogando co obxectivo de chegar a un acordo".
Relacionadas:
-
Os sindicatos estiman que a folga na xustiza afectará a uns 150 actos procesais na cidade
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- "A Xustiza está en loita porque a Xunta non escoita"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Traballadores xudiciais da Parda e a Audiencia inician un calendario de protestas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |