O Principal renovará o parqué do seu escenario en 2018
Por Alejandro Espiño
O precario estado no que se atopa o parqué de madeira do escenario do Teatro Principal será corrixido con cargo ao orzamento municipal de 2018.
Así o desvelou a concelleira de Cultura, Carmen Fouces. O goberno municipal asegura ser consciente da necesidade de acometer esta actuación, pero explica que ata agora non puidera ser incluída entre os investimentos do Concello.
Iso cambiará o próximo ano. A actuación proxectada no teatro comezará co raspado e pulido do parqué actual, moi desgastado polo uso.
Para mellorar o seu aspecto estético, optarase por aplicarlle unha pintura especial de cor negra. Farase desa maneira, segundo Fouces, xa que moitas das compañías e artistas que actúan habitualmente no Principal pediron escurecer o chan.
Por agora, descoñécese o orzamento que terá esta intervención no histórico inmoble ou o prazo necesario para renovar o chan do escenario.