O PP critica a "deriva antisistema" do alcalde Fernández Lores
Por Oskar Viéitez
O grupo local do Partido Popular no Concello de Pontevedra anunciou unha emenda á totalidade dos orzamentos municipais presentados polo goberno do BNG para 2018 entre críticas ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, pola súa "deriva antisistema".
Xustifican esta deriva en "renderlle honras no Teatro Principal a un ditador como Fidel Castro ou asinar no nome de Pontevedra o apoio explícito ao chamado procés catalán". Ademais, engaden a negativa a mostrar o apoio da cidade ás forzas e corpos de seguridade do Estado "cando máis o necesitaban", ou o recente e "indignante" acto conxunto de dous dos concelleiros do goberno con Arnaldo Otegui.
Nunha comparecencia de prensa os concelleiros populares, César Abal, María José Rodríguez e José Luis Martín sinalaron que os orzamentos do goberno local "falan do pasado", de obras que tiñan proxectos pero non financiamento "froito da descoordinación que imperou neste mandato" que, ao seu xuízo, "estivo centrado en aventuras personalistas" como a compostaxe.
Tamén reprochan na súa emenda o "regresionismo ás políticas caducas" polas críticas do alcalde á Unión Europea cando "usan os fondos comunitarios para esconder a súa nefasta xestión".
Para o PP estas contas "esconden as carencias dun goberno máis centrado na propaganda e en viaxes que en atender as demandas reais dos pontevedreses". Ademais sinalan que o rural pontevedrés sae máis prexudicado que nunca con este orzamento.
Finalmente o PP denuncia "estraños e escuros pactos que se están producindo no eixo da esquerda en Pontevedra" que terían como protagonistas ao Bloque xunto co PSdeG-PSOE e Marea.
Relacionadas:
-
O PP quere saber "se a viaxe á charla con Arnaldo Otegi foi pagada con cartos públicos"
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra aproba sen sobresaltos un orzamento de 75 millóns para 2018
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marea confirma que se absterá no pleno de orzamentos
Por Redacción |
-
BNG, PSOE e Marea tumban a emenda do PP ao orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Lores ve "intereses políticos" nas "tensións sociais" que provoca a compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
O orzamento municipal de 2018 péchase en 75 millóns
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra presenta ao BNG unha batería de propostas dirixidas aos barrios e ao rural
Por Oskar Viéitez |
-
Case todos os proxectos financiados con fondos europeos executaranse en 2018
Por Alejandro Espiño |