VÍDEO.- O temporal provoca danos e asolagamentos en diferentes puntos de Pontevedra
Por Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Durante toda a xornada, a Policía Local leva recibidas numerosas chamadas relacionadas co temporal aínda que, segundo fontes da xefatura, ningunha revestía gran importancia e, polo momento, non se rexistraron danos de gravidade.
Ás 08.00 horas rexistrábase un afundimento da calzada en Echegaray-Alfonso XIII e foi necesario colocar unha chapa metálica. Ás 12.33 un poste caía e foi necesario cortal un viario en Mourente. Avisouse a Telefónica para que cortase o poste e deixase libre a estrada. En José Millán caía unha antena parabólica, que foi retirada polos bombeiros.
Na rúa dos Soutos caía a póla dunha árbore sobre un vehículo, que non sufriu danos, segundo fontes policiais. Ás 14.44 derrubábase un muro na zona de San Blas. Acoutouse a zona con cinta.
En Manuel del Palacio caía un sinal no medio da calzada e retirouse para a súa colocación. Na parroquia de Verducido, unha póla foi retirada tras impactar contra o tendido eléctrico. Ao longo da tarde retirouse un cartel dunha tenda da rúa Eduardo Pondal e nas proximidades á avenida Juan Carlos I desprendíase unha lousa dun edificio. Os bombeiros desprazáronse ata a zona pero non puideron intervir debido ao forte vento. Acoutouse a zona para evitar que puidese danar a algún peón.
Ao redor das 19.15 horas, os Bombeiros desprazáronse ata o Hospital Montecelo onde unha árbore cortaba o acceso ao servizo de Urxencias.
Na rotonda do vial que vai da estrada de Vigo en dirección á parroquia de Marcón formouse unha ampla fochanca de auga, polo que se alerta os condutores que extremen as precaucións nesa zona.
Nalgúns puntos do barrio do Gorgullón, os veciños quedaron sen luz na rúa durante o último tramo horario da tarde. Bombeiros e Policía Local interviron arredor das 21.00 horas na rúa Rosalía de Castro polo desprendemento dunha chapa de uralita. En Ernesto Caballero e en Paio Gómez de Soutomaior existe perigo de caída de tellas. Na rúa Estrada tamén derrumbábase unha árbore.
A patrulla de Seguridade Cidadá de Pontevedra coa axuda dun usuario retirou restos dunha árbore que caeu sobre a estrada de Cuspedriños a Carballedo.
En Marín, na rúa Ezequiel Massoni, caeron unhas aparatosas planchas metálicas dun tellado.
Segundo Vicepresidencia da Xunta, por provincias, a que rexistrou máis incidencias ao longo desta xornada foi Pontevedra con 246, seguida da Coruña con 143, Lugo con 57 e Ourense con 37.
Relacionadas:
-
Preocupación no Gorgullón porque as chuvias volven asolagar as rúas
Por Redacción |
-
Un día para asegurar o que puxo en perigo a borrasca Ana
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Consellería do Mar, pendente da posible chegada de cinza á desembocadura do río Verdugo
Por Redacción |
-
As brigadas da Deputación resolveron máis de medio cento de incidencias en apenas 12 horas
Por Oskar Viéitez |
-
O día despois da borrasca Ana: "Llevo sobre 50 años aquí y nunca vimos una inundación tan rápida"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Despois de Ana, continuarán as chuvias febles nas Rías Baixas ata o sábado
Por Redacción |
-
O temporal levanta o paseo de madeira da Lanzada
Por Redacción |
-
Así entra a borrasca Ana pola praia de Montalvo
Por Redacción |
-
A borrasca obriga a suspender o último día de celebración da RaxoFesta
Por Redacción |
-
Nivel de alerta vermella ante os fortes ventos de Ana, a cicloxénese explosiva que zorrega Galicia
Por Redacción |
-
A Xunta alerta da chegada dun temporal de nivel laranxa ás Rías Baixas
Por Redacción |