Cerdedo-Cotobade instalará colectores para depositar aceite e modernizará o punto limpo
Por Redacción
Compostaxe, recollida de aceite e mellorar o punto limpo serán os tres proxectos ambientais que se van a desenvolver coa axuda de 50.000 euros que o Ministerio de Medio Ambiente concede ao Concello de Cerdedo-Cotobade a través das axudas do Plan PIMA Residuos.
O proxecto contempla a extensión das accións de compostaxe doméstica emprendidas entre 2016 e 2017 en Cerdedo e entrando en Cotobade. Instalarase unha área desestruturante de residuos orgánicos no CEIP de Tenorio para aproveitar os restos do comedor escolar e desenvolver un proxecto de educación ambiental. Tamén se acometerá unha obra similar na residencia da terceira idade de Cerdedo.
Os proxectos están deseñados pola Oficina Técnica Municipal de Medio Ambiente.
Tamén se fomentará a recollida de aceite de cociña coa instalación de colectores específicos nos principais núcleos do municipio. O Concello que preside Jorge Cubela asinará un convenio cunha empresa de economía social para que realice a recollida a través de persoas en risco de exclusión social, para colaborar na inserción laboral. Os beneficios irán tamén á empresa.
Ademais, o diñeiro do ministerio vai invistirse na modernización do punto limpo coa modificación do almacén de residuos perigosos e a sinalización deste espazo. Mellorarase tamén o servizo de recollida a domicilio dos residuos especiais que non se poden depositar nos colectores. Levarase a cabo unha recollida itinerante a través dunha caseta.
Relacionadas:
-
Poio renovará e ampliará a rede de contedores de recollida de aceite de cociña
Por Redacción |
-
Reforzan a seguridade no almacén para residuos perigosos do punto limpo de Cerdedo
Por Redacción |
-
213.000 euros de investimento para mellorar o abastacemento de auga en Cerdedo
Por Redacción |
-
O plan piloto de compostaxe esténdese a Tenorio, Viascón, San Xurxo e Santa María de Sacos
Por Redacción |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade impulsa novos plans de reciclaxe
Por Redacción |