Unha muller de avanzada idade resulta ferida nun atropelo en Barcelos
Por Redacción
Unha muller de avanzada idade resultaba ferida ás 14.00 horas deste xoves ao ser atropelada por un turismo cando cruzaba na confluencia entre a rúa Rouco e a Praza de Barcelos, segundo informan desde o Servizo de Emerxencias do 112.
Os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao 112 Galicia e desde a central activábase un operativo para atender á muller que foi atropelada no paso de peóns.
Alertábase a axentes da Policía Local e tamén se informou ao Parque de Bombeiros de Pontevedra.