Sanxenxo ultima proxectos de saneamento e abastecemento de auga valorados en 184.700 euros
Por Redacción
Os técnicos do Concello están a ultimar proxectos para a mellora da rede de saneamento e abastecemento de auga en varias zonas do concello, valorados en case 185.000 euros. O goberno local espera reducir esta cantidade unha vez que se liciten os proxectos, porque o habitual é que as empresas que opten a executalos presenten ofertas que melloren o prezo de saída de licitación.
Estes proxectos financiaranse exclusivamente polo Concello con cargo ao orzamento do 2017, que entrou definitivamente en vigor hai 10 días e que contemplaba, dentro do capítulo de investimentos, unha partida de 300.000 euros para a mellora da rede de saneamento e abastecemento de auga. Algúns destes proxectos, e os futuros que se redacten, tamén poderán ir con cargo ao orzamento da próxima anualidade, o orzamento 2018.
Proxectos que se redactaron ata o momento:
- Substitución da rede de saneamento e abastecemento de auga na rúa Constitución na vila de Sanxenxo cunha valoración de 37.000 euros.
- Prolongación da rede de abastecemento de auga no lugar da Costa, Dorrón valorada en 10.000 euros.
- Substitución da rede de abastecemento de auga na avenida. dos Loureiros, Portonovo valorada en 17.000 euros.
- Prolongación da rede de abastecemento de auga desde Buezas en Nantes ata Aldaríz en Padriñán valorada en 55.000 euros.
- Substitución da rede de saneamento e abastecemento de auga na praia de Silgar – Vicaño valorada en 55.000 euros.
- Substitución da rede de saneamento en Nanín, Bordóns valorada en 10.700 euros.
A execución destes seis proxectos permitirá a mellora dos servizos básicos de saneamento e abastecemento de auga de case 300 vivendas.
Relacionadas:
-
Sanxenxo adxudica obras de saneamento e abastecemento valoradas en case 90.000 euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo presenta un orzamento de case 32 millóns para 2018
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 33.000 euros do Plan Concellos mellorarán o saneamento en Noalla
Por Redacción |
-
Sanxenxo adxudica obras de saneamento por valor de 88.730 euros
Por Redacción |