SOS Sanidade Pública pedirá nos plenos a retirada da modificación da Lei Galega de Saúde
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A Plataforma SOS Sanidade Pública presentará unha moción para que se debata nos plenos da provincia unha petición de retirada do anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde, que fora aprobada no ano 2008. Este martes, integrantes deste colectivo comunicaban esta decisión que se acomete ao entender que esta reforma leva un recorte no sistema público de saúde para favorecer ás empresas privadas.
Juan Loureiro, presidente da Federación Castelao, manifestaba que este anteproxecto foi presentado o 2 de agosto, en plena época vacacional. Segundo explicou esta modificación supón a eliminación de áreas sanitarias como a do Salnés e anúlanse as xerencias de Atención Primaria.
Neste sentido, Anxo Rincón, integrante da Plataforma SOS Sanidade Pública, sinalaba que a poboación das comarcas asistirán con máis frecuencia aos hospitais das cidades e os colapsos actuais tanto en Urxencias como nas especialidades incrementaranse, aumentando as listas de espera. Indicou que, cando se produzan estas situacións, os pacientes terminarán recorrendo á sanidade privada. E Anxo Rincón explicou que no seu caso leva desde 2015 á espera dunha intervención e desde o SERGAS convidóuselle ata en tres ocasiones a ser atendido en hospitais privados.
Víctor Pedreira, representante do Partido Socialista, indicou que para esta modificación da lei non se contou cos profesionais e reclama un debate para que exista unha maior participación social e dos profesionais en materia sanitaria.
Desde SOS Sanidade Pública pídese que se restitúan as xerencias de Atención Primaria e que llas dote de medios e recursos, ademais de pedir que co consenso de todas as forzas políticas, sindicais e sociais desenvólvase a Lei Galega de Saúde de 2008.
A plataforma levará a moción para que se debata nas corporacións ao longo deste mes de decembro e ten previsto levar a cabo unha gran manifestación a finais de xaneiro de 2018 en Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
SOS Sanidade Pública convoca unha concentración contra a modificación da Lei Galega de Saúde
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
SOS Sanidade Pública tamén pedirá na Deputación a retirada da modificación da Lei Galega de Saúde
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública esixe participar activamente no proxecto do Gran Montecelo
Por Redacción |