A Asociación por un Museo do mar para Marín organiza un baile popular
Por Redacción
A Asociación por un Museo do mar para Marín organiza un baile popular o vindeiro día 7 de decembro no pavillón do IES Illa de Tambo.
Trátase dunha nova iniciativa da asociación que preside José Antonio Pérez Santiago, encamiñada a recaudar fondos para poñer en funcionamento o que será o Museo do Mar de Marín, ao igual que anteriormente organizaron un festival pro museo ou a venta de lotaría de Nadal.
Nesta ocasión, aproveitando os días festivos da semana vindeira, organizan un baile popular a cambio dun donativo de 5 euros por parella e de 3 por entrada individual. Contarán con música totalmente en directo e con servizo de bar.
"Queremos conseguir que Marín conte cun Museo do Mar, e sabemos que será posible porque todas as iniciativas que levamos a cabo desde a asociación están a ter unha acollida inmellorable por parte da xente da nosa vila. É esencial que Marín conte con este museo para preservar o noso patrimonio e a nosa memoria, e así se está a percibir", di José Antonio Pérez Santiago.