Medio centenar de establecementos súmanse á campaña "Eu quero mercar en Barro"
Por Redacción
O Concello de Barro pon en marcha ata o 4 de xaneiro unha nova edición da campaña de comercio no Nadal "Eu quero mercar en Barro", cun gran éxito no número de establecementos adheridos este ano.
Preto de 50 negocios sumáronse desta volta á iniciativa de promoción do comercio e a hostelería local, conseguindo así o record de participación desta actividade que o goberno municipal leva desenvolvendo dende hai tres anos.
A campaña agasalla a fidelidade dos consumidores con premios económicos polas súas compras, que despois se reinvestirán nos propios establecementos do municipio.
Nesta ocasión, increméntase en 100 euros o importe do premio, que chega aos 300 euros repartidos en vales de 50 euros. O sorteo celebrarase o 5 de xaneiro durante a festa de benvida aos Reis Magos.
A Concellería de Promoción Económica non desbota aumentar para o vindeiro ano a cantidade monetaria desta campaña, unha vez comprobada a boa disposición dos empresarios locais.