A Consellería de Emprego pon en marcha un novo programa integrado para desempregados
Por Oskar Viéitez
Desempregados da cidade de Pontevedra e de Marín beneficiaranse dun novo programa integrado que pon en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria cun investimento total de 486.024 euros.
Deste xeito, o programa, que comezará este mesmo mes de decembro, levarase a través da Fundación para a Discapacidade Juan XXIII de Pontevedra, do concello de Marín así como da Deputación, entidade que organizará esta iniciativa para desempregados de localidades como Poio e Pontevedra, entre outras.
En O Salnés o programa, que comezará este mesmo mes de decembro, favorecerá aos veciños Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova e Illa de Arousa, cun investimento de 204.000 euros.
Tamén nos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Portas desenrolarase unha iniciativa conxunta entre os tres concellos, cun investimento de 204.000 euros.
Enmárcanse na Axenda 20 coa que o goberno galego está a impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos postos de traballo.
Relacionadas:
-
A Xunta contrata a técnicos para reforzar o servizo de orientación laboral
Por Oskar Viéitez |
-
Haberá unha nova edición do programa de inserción laboral EmpregaMarín
Por Redacción |
-
Últimos días para inscribirse nos tres cursos para desempregados da Deputación
Por Redacción |
-
A Xunta oferta novos cursos de formación para desempregados
Por Oskar Viéitez |
-
Vilagarcía contará con dous novos obradoiros formativos para 35 desempregados
Por Redacción |