Rueda supervisa o novo acceso á igrexa de Tenorio
Por Redacción
Un total de 124.000 euros, aportados pola Xunta de Galicia a través do denominado Plan Hurbe, serviron para que a igrexa de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade, conte cunha renovada pavimentación e novas beirarrúas de pedra para humanizar todo este ámbito.
Os traballos foron supervisados este venres polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que estivo acompañado nesta visita polo alcalde, Jorge Cubela, e pola directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, e de Administración Local, Marta Fernández-Tapias.
O Plan Hurbe, recordou o vicepresidente, ten como obxectivo humanizar as vilas, especialmente as do interior da comunidade, apostando polo reequilibrio territorial.
No caso da igrexa de Tenorio, a calzada pasa a contar cun adoquinado de seis centímetros de espesor polas esixencias de Patrimonio, que obrigaron a mudar o proxecto municipal que contemplaba a pavimentación en pedra.
Ademais, as beirarrúas en pedra están ao mesmo nivel que a calzada para favorecer a mobilidade e os laterais levan lascas de pedra para diferenciar a zona de tráfico das beirarrúas exclusivamente peonís.
Relacionadas:
-
Este luns comezan as obras de reforma da Praza do Concello en Cerdedo
Por Redacción |
-
O Grove recibe 53.700 euros para a mellora dos servizos de Vilavella e da rúa Socalcos
Por Redacción |
-
A Praza do Concello de Cerdedo será reformada para mellorar a seguridade
Por Oskar Viéitez |
-
Arrancan as obras de humanización no acceso á igrexa de Tenorio
Por Redacción |