Faleceu Avelino Rodiño, oficial da Policía Local de Poio
Por Oskar Viéitez
Avelino Rodiño Padín, oficial da Policía Local de Poio, faleceu a primeira hora da mañá deste venres no hospital no que estaba ingresado desde hai uns días.
A Casa do Concello, goberno municipal, Partido Popular e Policía Local de Poio expresaron o seu pesar polo falecemento
Avelino prestou servicio no municipio de Poio durante máis de 35 anos e é unha persoa que está no recordo de toda a veciñanza.
O Concello de Poio fixo un recoñecemento a título póstumo a un dos seus membros máis destacados e trasladou ós seus familiares, amizades e compañeiros máis achegados o seu máis sentido pésame.
"Avelino Rodiño Padín será recordado pola súa amabilidade, cordialidade, dilixencia, profesionalidade e fiel sentimento do deber", destacou o Concello nun comunicado.