Historias de castelos e de fenicios
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou este xoves en rolda de prensa que o goberno provincial está a traballar para que os castelos de Soutomaior e de Sobroso se convertan en destinos de excelencia "ao mesmo nivel que os castelos máis emblemáticos do sur de Europa".
A presidenta provincial informou que o castelo de Soutomaior pechará as súas portas a principios de xaneiro para poder abordar o proxecto de musealización que estará rematado en abril de 2018.
No caso do castelo de Sobroso, a semana pasada pechou o edificio para acometer obras nas súas instalacións relativas á reparación de humidades, mellora de instalacións e acabados, que estarán rematadas ao inicio do mes de marzo de 2018. Mentres, tal e como aclarou Silva, é posible realizar a senda botánica ambiental de Sobroso.
O goberno provincial encargou a eliminación de eucaliptos dos bosques dos castelos e substituílos por especies autóctonas. Así, este verán elimináronse 300 eucaliptos do castelo de Soutomaior e xa comexou a reforestación da finca mediante a plantación de 120 carballos. Está previsto que en marzo de 2018, co informe favorable de Patrimonio, se proceda á erradicación de eucaliptos e maleza en 18 hectáreas do castelo de Sobroso para a súa substitución por sobreiras, castiñeiros e carballos.
CLUB DE PRODUTO DE TURISMO CULTURAL
Nesta mesma rolda de prensa a presidenta de Deputación de Pontevedra informou que o castelo de Soutomaior únese ao Club de Produto de Turismo Cultural Castillos y Palacios de España que impulsa a Secretaría de Estado de Turismo e a Asociación de Castillos y Palacios Turísticos de España, que preside Javier Fitz-James Stuart de Soto.
O deputado de Patrimonio, Carlos López Font, participa en Cuenca na xornada de presentación deste Club de Producto e das accións de promoción futuras de esta nova oferta turística.
Para as entidades organizadoras desta xornada o Castelo de Soutomaior reúne as condicións necesarias para incluílo nesta oferta turística como o demostra as máis de 28.000 visitas que se rexistraron nos primeiros dez meses deste ano. Agora a Secretaría de Estado de Turismo quere afrontar dun xeito coordinado a oferta cultural que pode supoñer as visitas a castelos e palacios polo que está iniciativa presentase na xornada de Cuenca.
RUTA DOS FENICIOS
A asociación española "La ruta de los fenicios" que se constituíu este xoves formalmente nun encontro na localidade de Ibiza, ven de solicitar á Deputación de Pontevedra que lidere na fachada atlántica a ruta denominada das "Kasitéridas", que era o camiño desenvolvido polos fenicios para abastecerse de estaño na antigüidade e que, podería non estar localizado nas illas británicas como creíase ate de agora, senón nas costas galegas.
Carmela Silva destacou que a Deputación se integra neste Itinerario cultural ao través dos restos fenicios e púnicos documentados en xacementos precisamente como Monte do Castro en Ribadumia, A Lanzada en Sanxenxo, Monte do Facho en Cangas, e Punta do Muíño do Vento, en Vigo, onde se localizaron importantes restos da presenza dos Fenicios.
A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa. Este itinerario, que pasa por 18 países e por máis de 80 cidades, e que se centra no legado de fenicios e púnicos de tres continentes, é considerado como o Itinerario da Interculturalidad mediterránea.
Relacionadas:
-
O Pazo Provincial acolle unha exposición divulgativa sobre a Ruta dos Fenicios
Por Oskar Viéitez |
-
Xornadas de portas abertas para gozar en maio da musealización do castelo de Soutomaior
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación de Pontevedra traballa na recuperación dunha pantasma
Por Redacción |
-
Os datos desta ponte avalan o crecemento de Sanxenxo na tempada baixa
Por Oskar Viéitez |
-
O castelo de Soutomaior, a través da mirada dos nenos
Por Redacción |
-
Carmela Silva lembra que o castelo de Soutomaior xa non é un monumento "onde Rueda ía xogar aos castillitos con Rajoy"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
As Rías Baixas integranse na Ruta dos Fenicios
Por Redacción |