"Emprender significa conseguir os soños"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Emprego, Montse Magalllanes, recibiu este xoves no salón de plenos do Pazo provincial aos rapaces do CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), o CEP Plurilingüe Riomaior (Vilaboa), o CEIP Plurilingüe Nantes (Sanxenxo), o IES A Guía e o IES Ricardo Mella (Vigo), o IES Pintor Colmeiro (Silleda), o IES Luís Seoane (Pontevedra) e o IES Rodeira (Cangas).
Todos eles participan nos programas DepoEmprende na Escola e DepoEmprende na ESO cunhas cooperativas que recibiron cadanseu CIF simbólico para poder comezar a operar. Ao longo de todo o curso fabricarán produtos que venderán nun mercado ou feira da súa localidade.
Carmela Silva asegurou que "emprender significa conseguir os soños" e no goberno provincial queren que a mocidade "constrúa todo o que desexe" e que a cultura emprendedora "forma parte do currículo educativo doutros países" e "permítenos adaptarnos aos cambios nunha sociedade global".
O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de competencias asociadas ao emprendemento, á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, á cidadanía e á alfabetización dixital.
Como principal novidade, dado que todos os proxectos empresariais levan incorporadas actuacións de responsabilidade social corporativa, este ano, tendo en conta a vaga de lumes que vivimos en outubro, a Deputación de Pontevedra quere que estas actuacións vaian encamiñadas ao respecto ao medio ambiente, ao impulso da sustentabilidade, a mellorar os nosos montes e novas políticas forestais.
Relacionadas:
-
Carmela Silva anima ás nenas de Pontevedra a chegar a ser "todo o que soñedes"
Por Alejandro Espiño & Victoria Regueira |
-
Un proxecto do IES Johan Carballeira, premiado no certame Depoemprende
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación adxudica os programas En Ruta coa Depo e Depoemprende II
Por Redacción |
-
A Deputación pon a semente da cultura emprendedora
Por Redacción |
-
A Deputación aproba outros 280.000 euros para o fomento do autoemprego
Por Redacción |
-
A Deputación fomentará a actitude emprendedora dos máis novos
Por Redacción |
-
Cooperativas nas mans dos nenos
Por Redacción & Mónica Patxot |