Combarro chega á final de 'Luce tu pueblo' e está a un paso de ser o "máis belo" de España
Por Redacción
A candidatura de Combarro segue adiante no concurso que trata de elixir o pobo 'máis belo' de España, e é xa una das finalistas da presente edición.
Combarro e Guadalupe (Cáceres) competirán na final de 'Luce tu pueblo', programa da canle televisiva Divinity.
As localidades que non conseguiron os votos necesarios para continuar no concurso foron Ezcaray (A Rioxa), Vilafamés (Castelló), Grazalema (Cádiz) e Sos del Rey Católico (Zaragoza).
Chegados a este punto os marcadores da votación volven estar a cero e iníciase un novo período para elixir o pobo máis bonito de España a través deste formulario.
A votación permaecerá aberta ata o día 10 de decembro, aínda que non será ata o día 16 cando se coñeza o resultado cunha conexión televisiva no prime time de Telecinco no que se procederá ao aceso dunha iluminación especial de Nadal no pobo gañador.