Incautados preto de 40 quilos de ameixa extraída por mariscadores furtivos na praia de Combarro
Por Redacción
A Garda Civil e os vixiantes de gardapescas da Confraría de Pescadores San Telmo incautaron 37 de quilos de ameixa, no transcurso dun operativo conxunto desenvolvido contra o marisqueo furtivo no municipio de Poio.
Os feitos sucederon durante a madrugada do pasado luns cando unha patrulla de seguridade cidadá do posto da Garda Civil de Pontevedra sorprendeu, ás dúas da madrugada, a tres mozos que saían da praia de Combarro coa roupa e o calzado totalmente mollado.
Co apoio e colaboración dos vixiantes de seguridade da confraría, fíxose unha batida pola praia e localizáronse tres sacos cheos de ameixa, escondidos entre as rocas e tapados con algas, que contiñan 37 quilos de ameixa xapónica.
Unha vez levantada o acta de incautación das ameixas, onde se reflicte que, polo menos, catro quilos non alcanzaban a medida mínima regulamentaria para a súa comercialización, por parte dos vixiantes da confraría procedeuse á súa devolución ao medio mariño.
As tres persoas identificadas, que xa teñen antecedentes por marisqueo furtivo, son veciños do municipio de Poio e foron denunciados por unha infracción administrativa, da que terán que responder, posiblemente cunha sanción económica, ante os órganos competentes da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Investigan un furtivo pontevedrés por furto e danos intencionados no vehículo da confraría de San Telmo
Por Redacción |
-
Incautan en Bueu 56 quilos de polbo sen documentación
Por Redacción |
-
Catro coñecidos furtivos, cazados de novo con 80 quilos de ameixa da ría
Por Redacción |
-
Incautan unha vintena de centolos en Bueu capturados por furtivos
Por Redacción |
-
Sorprenden 'in fraganti' un furtivo en Aguete cunha ducia de centolas
Por Redacción |
-
A Garda Civil e os vixiantes da Confraría de San Telmo identifican catro furtivos na ría de Pontevedra
Por Redacción |