O PSOE confirma que se absterá na votación dos orzamentos ao recoller parte das súas propostas
Por Redacción
O grupo municipal socialista absterase na votación dos orzamentos municipais de 2018, segundo confirmou este mediodía o portavoz local Tino Fernández, que vencellou a abstención a un cambio de actitude tanto polo partido do goberno, o BNG, como por parte dos propios socialistas, tras as dificultades que se produciran para aprobar o orzamento de 2017.
Segundo relatou o portavoz do PSOE, o goberno local aceptou nas negociacións cobrar unha taxa ás empresas de telefonía móbil, fomentar o emprego xuvenil, levar a cabo as obras en Mollabao, segundo tramo de Loureiro Crespo e Ernesto Caballero, estudar propostas para acometer no rural pontevedrés, crear un carril bici e levar a cabo melloras na contorna da Ponte dos Tirantes, buscar novas fórmulas para reducir a velocidade e acougar o tráfico relacionado coa petición dos socialistas de crear unha vía sanitaria que evite os " lombos".
O goberno local, con todo, rexeitou a petición de incrementar o persoal no departamento de asuntos sociais, que reclamaba o PSOE.
Tino Fernández indicou que nesta ocasión a disposición por parte do BNG facilitou as cousas, a diferenza do que sucedera na negociación dos orzamentos dos dous anos anteriores. Considera que este cambio de actitude débese a que leva dous anos de parálises sufrindo nos plenos porque se atopan sós, indicou Fernández.
En todo caso, tamén quixo facer autocrítica e afirmou que cambiaran os postulados mantidos en anteriores negociacións cando presentaran propostas de máximos, que dificultaron a negociación. "Este ano buscamos posicións máis cómodas para lograr o resultado final", apuntou o portavoz socialista.
VALORACIÓN DO GRUPO DE GOBERNO
Raimundo González, portavoz do goberno local considera positivo e construtiva a postura do grupo municipal socialista. E sinalou que agarda que o orzamento estea finalizado a principios da próxima semana para que se poida aprobar nun pleno para mediados de decembro.
González engadiu que se aceptaron cambios coa inclusión de partidas específicas, como a dotada con 100.000 euros, para a reforma de Mollabao e confirmou que o orzamento aumentará a cifra establecida no borrador presentado inicialmente.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de Tino Fernández: o grato recordo dun socialista cara un ex alcalde popular
Por Marisa Ciordia |
-
O orzamento municipal de 2018 péchase en 75 millóns
Por Alejandro Espiño |
-
O PSdeG-PSOE, disposto a absterse no orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
O PP ve ao BNG "desconectado" de Pontevedra cun orzamento "malo y continuista"
Por Alejandro Espiño |
-
A metade dos investimentos municipais para 2018 será no rural
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |