Afunde un barco no porto do Corgo, no Grove
Por Redacción
Unha pequena embarcación foi a pique á primeira hora deste domingo no Grove, no peirao do Corgo.
Foron uns veciños os que alertaron da situación a Protección Civil, ao redor das 9:00 horas.
Segundo informa o servizo de atención ás emerxencias 112 Galicia, trátase dun barco bateeiro de oito metros de eslora que no seu afundimento non desprendeu ningún tipo de contaminación.
A pesar diso, por se se chegase a producir algún incidente, permanece na zona realizando labores de vixilancia a embarcación Salvador do Campo.
O 112 puxo en alerta da situación a Salvamento Marítimo, ao servizo de Gardacostas de Galicia e á Policía Local, ademais de poñer o caso en coñecemento de Portos de Galicia.