Identifican dous irmáns pontevedreses polo roubo con forza nun bar
Por Redacción
Dous irmáns veciños de Pontevedra acaban de ser identificados pola Policía Nacional como presuntos autores dun roubo con forza rexistrado nun bar da avenida de Bos Aires hai dous meses, o pasado 9 de agosto.
Segundo informou a Comisaría Provincial, o propietario do bar 'Olladas do Río' denunciou que alguén forzara unha fiestra lateral do local e a reixa protectora desta para acceder ao interior e levarse 100 euros en metálico da caixa rexistradora e máis diñeiro sen determinar das máquinas comecartos e de tabaco.
Os investigadores comprobaron que a oficina interior do establecimieto aparecía toda revolta e as máquinas do tabaco e comecartos estaban forzadas, ademais da caixa rexistradora, que se encontraba aberta e da que o propietario botou en falta 100 euros.
A raíz da denuncia interposta polo propietario, os axentes iniciaron as xestións para tratar de descubrir a identidade do presunto autor ou autores do roubo con forza. Finalmente, identificaron dous irmáns que roldan a trintena e que teñen antecedentes policiais como presuntos autores. Os axentes tomáronlle declaración por un delito de roubo con forza, pero non chegaron a detelos.