Os colexios da comarca, contra a violencia machista
Por Redacción
A educación en igualdade debe partir das escolas. Sábeno ben os colexios da comarca de Pontevedra que, con motivo do 25 de novembro, día internacional da non violencia contra as mulleres, celebraron numerosos actos conmemorativos.
Así, no colexio Doroteas de Pontevedra, varias montaxes fotográficas ou de vídeo, grandes murais, eslóganes ou mans plasmadas en carteis serviron como ferramentas para concienciar aos seus alumnos sobre a importancia do respecto, da tolerancia, da igualdade e do rexeitamento absoluto de calquera tipo de violencia.
Foron actividades que, tanto dentro como fóra da aula, realizaron ao longo de toda a semana ao entender que non só é importante aprender matemáticas ou lingua, senón tamén o é fomentar a educación en valores entre os seus estudantes.
Tamén o IES Mestre Landín de Marín participou activamente no rexeitamento ás violencias machistas.
Nenos e nenas de 12 a 18 anos formaron un gran lazo negro no patio do instituto. Cada un deles levaba nas súas mans un cartel co nome dunha muller que foi asasinada durante 2017 e con frases que reflexionan sobre o dano que fai esta secuela social.
O acto finalizou coa lectura dun manifesto en repulsa da violencia de xénero e cun minuto de silencio polas vítimas.
Relacionadas:
-
Os centros educativos, protagonistas do 25-N en Bueu
Por Redacción |
-
"Oxalá puidese concienciar polo menos unha persoa sobre a violencia de xénero"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
RADIO.- Sete historias reais contra a invisibilidade das vítimas e dos agresores de xénero
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Poio, en negro contra a violencia machista
Por Oskar Viéitez |