A postura de Marea co orzamento municipal será a de "Junts pel sí o per l'abstenció"
Por Oskar Viéitez
Os concelleiros do Marea Pontevedra, Luís Rei e Carmen Moreira, adiantou este venres que a postura da súa formación política respecto ao orzamento municipal presentado polo BNG será a de "Junts pel sí o per l'abstenció"
Para chegar a este punto os membros da Marea tiveron que "aparcar temas que van non noso ADN" e nos que " as distancias son insalvables" en referencia a asuntos como a remunicipalización de servizos como a auga ou os lixos.
O portavoz Luís Rei adiantou que agora existe unha "base de entendemento importante" entre Marea e o Bloque, polo que todo apunta a que goberno local reeditará o acordo do ano pasado e salvará sen complicacións o orzamento municipal para o 2018.
Marea centrou a súa negociación na "axenda social" do Concello de Pontevedra, na posta en marcha dunha bonificación fiscal para familias numerosas e na inclusión da posibilidade de que o pago do IBI póidase facer en cinco fraccións.
O pasado ano o BNG incluíu no presuposto tres propostas de Marea como a renda social municipal, a gratuidade para os menores no plan de transporte metropolitano ou un incremento das partidas económicas para políticas de formación e emprego.
Finalmente Luís Rei insistiu en que Marea tivo que renunciar a moitas das súas propostas polo que destaco que este é o orzamento "do goberno local en solitario".
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra ameaza con pedir a reprobación de Anxos Riveiro
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra presenta ao BNG unha batería de propostas dirixidas aos barrios e ao rural
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG-PSOE, disposto a absterse no orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
O PP ve ao BNG "desconectado" de Pontevedra cun orzamento "malo y continuista"
Por Alejandro Espiño |
-
Luz, auga e a xestión do lixo custarán case 17 millóns de euros en 2018
Por Alejandro Espiño |
-
María Rey non negociará co BNG o orzamento municipal
Por Redacción |
-
A metade dos investimentos municipais para 2018 será no rural
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |