Os veciños de 'Mollabao SI' saen decepcionados da xuntanza co goberno local
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, mantiña na tarde deste mércores 22 un encontro cunha representación veciñal do barrio de Mollabao, que reclama melloras para esta zona da cidade
Juan Saenz-Díez, portavoz da plataforma veciñal Mollabao SI, amosaba a súa decepción tras este encontro ao comprobar que non existe unha partida espectífica nos orzamentos municipais do Concello para 2018 destinada a un plan de reforma do barrio de Mollabao.
Saenz-Díez manifestou que o concelleiro lles indicou que existe unha partida de 700.000 euros para obras urbanas pero que non se contemplaba unha cantidade concreta para esta contorna.
Demetrio Gómez sinala que lles explicoou que o plan de reforma íntegral da rúa está a seguir o seu curso, tras presentar o anteproxecto, e se está traballando en resolver problemas urxentes como a accesibilidade para garantir a mobilidade dos veciños ata que se poida executar a reforma definitiva.
O concelleiro apuntou que é probable que a próxima semana comecen os traballos para realizar un circuíto accesible no barrio actuando nas dúas beirarrúas e mostrouse disposto a analizar outras demandas urxentes.
Pola súa banda, Juan Saenz-Díez indicou que aos veciños estas obras parécenlles menores e que responden á demanda realizada por eles porque na zona hai un veciño que se move en cadeira de rodas e que non pode transitar polas beirarrúas que se atopan en malas condicións e ten que facelo pola calzada pola que, en ocasións, circulan vehículos a 70 km/ h.
Os veciños reclaman solucións para reducir a velocidade do tráfico na zona e esperan que antes da aprobación dos orzamentos se inclúa unha partida específica para a mellora do barrio con compromisos de inicio das obras durante 2018. Pola contra, afirman que estudarán a posibilidade de iniciar un calendario de protestas.
Relacionadas:
-
O Concello comeza a tramitar a solución "máis acaída" para a reforma de Mollabao
Por Alejandro Espiño |
-
O PP esixe a reforma integral de Mollabao
Por Oskar Viéitez |
-
A asociación 'Mollabao Si' pide trasladar o circuíto de educación viaria para montar dúas pistas de pádel
Por Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Bronca entre veciños e skaters na apertura do skatepark provisional de Mollabao
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Veciños de Mollabao e o Concello analizan o proxecto para a reforma do barrio, pero sen concretar prazos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Da maleza ao cascallo e o abandono. Mollabao expón o seu día a día e reivindica unha reforma integral
Por Mónica Patxot |