Pontevedra e Sanxenxo enfrontaranse nos tribunais pola débeda da auga
Por Oskar Viéitez
O portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, informou este luns que o Concello acaba de ser notificado da interposición dun recurso contencioso por parte do Concello de Sanxenxo contra o proceso de licitación do contrato para a xestión da auga que custará uns 6,5 millóns de euros ao ano e estará vixente desde a súa firma durante dúas décadas.
Raimundo González adiantou que o Concello de Pontevedra comparecerá no xulgado, cando sexa requirido, para expoñer a súa postura.
O pleno de Sanxenxo decidiu recorrer aos tribunais ao entender que Pontevedra non pode incluír no novo contrato de abastecemento de auga a subministración aos veciños dun municipio que non é o seu.
A decisión do xulgado non contempla a suspensión do concurso como medida cautelar polo que o proceso segue adiante.
Pontevedra asegura que Sanxenxo débelle máis de 1,8 millóns de euros de auga pero Sanxenxo non recoñece esta débeda e pide un prezo de auga pactada nun consorcio conformado por todos os municipios implicados: Sanxenxo, Marín, Bueu, Poio, Vilaboa e Pontevedra, e non unha imposición deste último.
Neste sentido, o goberno municipal sanxenxino sinala que existen dous antecedentes xudiciais que dan a razón a Sanxenxo.
A Boa Vila ten establecidos convenios de subministración desde a súa concesión no Lérez con Marín e con Poio. Neste momento negocia con Bueu e, desde hai anos, mantén aberto un conflito con Sanxenxo coñecido popularmente como "a guerra da auga". A opción do consorcio xa está contemplada no prego técnico do futuro contrato da auga.
Relacionadas:
-
Estudan a constitución dunha entidade supramunicipal que xestione o abastecemento de auga aos concellos da ría
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Obrigan a retirar un depósito de Repsol á beira dos edificios na rúa Tablada
Por Redacción |
-
Sanxenxo irá ao xulgado polo conflito da auga con Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra reclama a Telmo Martín que "pague o que debe" pola auga e se deixe de "telmadas"
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo acusa a Pontevedra de intentar "facer negocio" á súa costa coa auga
Por Redacción |