A lonxa de Pontevedra, rumbo á planta baixa do mercado
Por Redacción
Xa está en marcha o primeiro paso para converter o primeiro andar o mercado de abastos nun espazo gastronómico sostible. Nos últimos días comezaron os traballos para trasladar a lonxa do peixe á planta baixa, onde compartirá espazo cos postos de venda.
O seu novo lugar será a parte dereita da praza, de onde se trasladou un posto de conxelado. O espazo será totalmente acondicionado cun novo pavimento no chan, o pintado de paredes, a instalación de tabiques para separar o lavado das caixas, a instalación do termo da auga e a baixada dos fregadoiros.
Ademais, instalarase un enreixado novo para que sexa unha dependencia totalmente independente do mercado de abastos.
Ao mesmo tempo, tamén se están a acondicionar e a mellorar as casetas da planta baixa que están baleiras e nas que se situarán os negocios que se trasladarán da planta alta.
Está previsto que baixen dous establecementos de ultramarinos, unha carnicería e os postos da froita, ademais da lonxa.
No primeiro andar, quedará o actual negocio de produtos ecolóxicos, os dous bares e o espazo infantil O Ganapán, xunto co futuro espazo gastronómico que estará baseado nos produtos da terra.
O goberno municipal agarda que a obra estea rematada ao longo do mes de decembro.
Relacionadas:
-
O Ganapán pecha polo verán tras chegar a 1.300 nenos desde xaneiro
Por Redacción |
-
O "novo" mercado de Pontevedra, a pleno rendemento a principios de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O Ganapán volve a abrir as súas portas no Mercado
Por Mónica Patxot |
-
Nove praceiras amplían os seus postos no mercado de abastos de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Ganapán toma un descanso para permitir as obras do mercado tras recibir a 2.000 nenos
Por Redacción |
-
A lonxa trasládase á planta baixa do Mercado de Abastos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A reordenación do mercado de abastos, en marcha
Por Alejandro Espiño |