Os bombeiros sufocan un incendio no Hotel Los Castros de Poio
Por Oskar Viéitez
O abandonado Hotel Los Castros sufriu este sábado un pequeno incendio.
Segundo informou a Policía Local de Poio, ás 21.30 horas foron alertados ao detectarse lume neste inmoble da avenida de Andurique, na parroquia de San Salvador.
As chamas orixináronse nuns colchóns e mobles de madeira que estaban apilados na planta baixa do patio de luces.
Ademais da Policía Local de Poio, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sanxenxo, Protección Civil e unha ambulancia do 061 aínda que non houbo feridos.
O vello Hotel Los Castros está ocupado habitualmente por indixentes. Por agora descoñécense as causas do incendio.
Relacionadas:
-
As instalacións do hotel Los Castros de Poio, outra vez incendiadas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os Bombeiros de Ribadumia evitan un "hachazo" en Poio
Por Redacción |
-
Unha cadeira na cornixa
Por Redacción |