O PP organiza unha mesa redonda para dar voz ás vítimas da violencia machista
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra adiantou a conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero e o fixo este sábado coa celebración da mesa redonda "A violencia de xénero en primeira persoa, a voz das vítimas".
O presidente provincial, Alfonso Rueda, que participou na inauguración da xornada xunto á presidenta do Congreso, Ana Pastor, e o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que "as vítimas non están soas, teñen o apoio da sociedade e a unidade de todas as forzas políticas traballando de forma conxunta e cohesionada para erradicar a lacra da violencia".
A mesa redonda estivo moderada por Susana López Abella, coordinadora de igualdade do PPdeG e secretaria xeral de Igualdade, e nela participaron Galiza Aguete Dorrío, psicóloga do CIM da Lama; Carmen Paredes, educadora social do Centro de Emerxencias de Vigo; Paz Asorey, xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno; e Mar Ferrero Cuesta, psicóloga formadora en igualdade e habilidades persoais, secretaria da asociación Mulleres en Igualdade de Vigo.
Ana Pastor, explicou que esta é unha tarefa de todos os partidos políticos. "En el Parlamento de España hubo un acuerdo en materia de violencia de género del que me siento muy orgullosa y espero que como este se produzcan otros importantes que tenemos como objetivo. Sigue habiendo una cultura machista en nuestra sociedad y hay que acabar con ella desde abajo, desde la escuela".