O PP rexeita realizar obras de conservación da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Oskar Viéitez
Os parlamentarios do BNG e do PP, Luís Bará e Jacobo Moreira, interviron este venres no Parlamento galego por esta petición de obras de conservación da ponte medieval de Ponte Sampaio.
No caso do nacionalista reclamou elaborar no prazo de tres meses, un "proxecto de conservación, mantemento, limpeza, alumeado e ordenación da contorna da ponte medieval de Ponte Sampaio e executar estas obras ao longo do ano 2018".
Ademáis o concelleiro de Patrimonio histórico no Concello de Pontevera insistiu na necesidade de iniciar os traballos e solventar as deficiencias dun alumeado "anticuado e insuficiente". Na actualidade, afirmou, tamén proliferan "postes, paneis, placas e mobiliario urbano que distorsiona a harmonía do monumento" é resulta necesaria unha mellora na sinalización "para previr os habituais accidentes de vehículos que danan os pétris".
Por outra parte, indicou, a ponte forma parte do trazado da estrada PO-264 que atravesa os núcleos urbanos de Ponte Sampaio e Arcade, sendo competencia da Xunta de Galiza a súa conservación.
O deputado propuxo acordar un texto destinado a elaborar, entre a Xunta de Galiza e os concellos de Pontevedra e Soutomaior, un proxecto de conservación, limpeza e alumeado da contorna da ponte de Sampaio executando estas obras durante o período do ano 2018. A proposta do BNG non foi aceptada polo grupo parlamentario do Partido popular o que impediu que a iniciativa prosperara.
Na súa intervención, o deputado popular Jacobo Moreira xustificou que as inspeccións realizadas á ponte concluíron que o seu estado de conservación é aceptable e non presenta ningún problema estrutural.
Porén, Moreira dixo que "cuestións como a iluminación da ponte ou a configuración urbanística da contorna son competencia municipal", polo que considerou "acaído buscar a colaboración dos concellos para poder elaborar unha actuación integral sobre a ponte".
Relacionadas:
-
Alertan dos problemas de seguridade viaria na PO-264 ao seu paso por Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Un turismo cae ao río e afunde en Ponte Sampaio
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |
-
O BNG insta á Xunta a elaborar un proxecto de conservación da ponte de Ponte Sampaio
Por Redacción |