Agárdase que os chuvascos cheguen a partir do mércores da vindeira semana
Por Redacción
As Rías Baixas permanecerán este venres e durante o fin de semana baixo a influencia anticiclónica, coas altas presións localizadas ao sur de Irlanda, segundo informa o servizo de Meteogalicia. O ceo atoparase nubrado pero sen que as nubes de tipo alto impidan o paso do sol. As temperaturas mínimas situaranse sobre os 4 graos mentres que as altas estableceranse ao redor dos 20 graos. O vento soprará frouxo de dirección variable.
Durante o sábado, agárdase unha xornada de ceos despexados, con temperaturas que se moverán entre os 5 e os 22 graos. O vento soprará frouxo de dirección variable.
O domingo, Galicia manterase baixo a influencia do anticiclón. Espéranse ceos pouco nubrados ou despexados. as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso pasando a 19 graos. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente sur.
Ao longo da próxima semana espérase a aparición de choivas a partir do mércores grazas aos ventos do sur. As temperaturas mínimas suavizaranse e quedarán en valors con pouca oscilación térmica entre o día e a noite establecéndose entre os 6 e os 17 graos.