Piden que a estrada Serrapio-Quireza-Portela se ensanche e que se amplíen dúas pontes
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade quere que a Deputación de Pontevedra atenda as demandas veciñais na mellora prevista na estrada EP-7102 que une Serrapio, Quireza e Portela.
Este xoves celebrábase unha reunión no local social de Quireza e os veciños manifestaron que queren que esta estrada se amplíe a nove metros no lugar de establecela nos sete metros que marca o proxecto. Ademais solicitan a ampliación das dúas pontes e que a mellora do firme se estenda máis aló do tramo de dous quilómetros previsto no plan de obras.
O presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e José Balseiros, vicepresidente, criticaron a ausencia de Carmela Silva, presidenta da Deputación, a este encontro. Sinalan que os técnicos que acudiron só limitáronse a explicar o proxecto e manifestaron que carecen de potestade para adoptar cambios.
Cubela afirma que ofreceron ao grupo municipal socialista un pacto para acometer a mellora desta estrada despois de anos de demandas e atrasos. Queren que a presidenta provincial se reúna cos afectados e coñeza as razóns polas que piden cambios no proxecto previsto.
Desde o goberno local aseguran que a estrada percorre zonas cun amplo número de habitantes, sobre todo en Bugarín, Fondós e Quireza. Por este motivo reclaman unha obra que ofreza mellores condicións aínda que leve un atraso de máis de medio ano no inicio dos traballos.
Relacionadas:
-
A Deputación finaliza a obra de mellora da estrada provincial Serrapio-Portela
Por Redacción |
-
O goberno de Cerdedo-Cotobade apoia as protestas dos veciños de Quireza contra a Deputación
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de mellora da estrada PO-230 entre Serrapio e Vichocuntín
Por Redacción |
-
240.000 euros para mellorar dous quilómetros dunha estrada pola que só pasan 16 coches ao día
Por Oskar Viéitez |