'As nosas senlleiras' exhíbense na Lama
Por Redacción
Este xoves inaugurábase a exposición 'As nosas senlleiras' no CEIP da Lama. É unha mostra organizada polo departamento provincial de Cultura e Lingua e pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación.
Ata o 1 de decembro, esta exposición ofrecerá, a través de paneis informativos, as características máis destacadas das árbores máis singulares da provincia. Durante a inauguración, o deputado Xosé Leal entregáballe aos estudantes un fillo do Carballo do Pelete, ao que tamén se coñece como Carballo do Viño, coa intención de que se plante no patio do colexio.
Trátase da única árbore que aparece no catálogo galego de árbores singulares e forma parte dun dos 35 paneis que figuran nesta mostra con outras especies. Pola súa banda, a comisaria da mostra Carmen Salinero explicaba aos escolares que estas árbores son tan importantes como a Catedral de Santiago ao tratarse de monumentos naturais e lamentou que en numerosas ocasións non se lles dá a importancia que merecen porque crecen pola súa conta na natureza.
A mostra tamén inclúe un mapa cos 48 árbores e 9 formacións de 41 especies botánicas coas que a provincia canta na actualidade. Estas árbores considéranse elementos protexidos e se prohibe calquera actuación que afecte negativamente a súa integridade, saúde ou aparencia.