A Galiciencia exhibe proxectos de centros escolares de Poio, Meis e O Grove
Por Oskar Viéitez
Lentes para cegos impresas en 3D, un dispositivo tecnolóxico para escorrentar o xabaril das colleitas, un mecanismo para abrir as portas dos baños públicos sen usar as mans e outro para que as ventás de tellado se pechen soas se chove, un sistema de esterilización de auga low-cost e varias iniciativas de ciencia cidadá son só algúns dos abraiantes proxectos cos que a Galiciencia celebra este ano a súa duodécima edición.
Cunha afluencia cada ano maior de equipos candidatos a contar cun stand na feira, foron seleccionados os 50 proxectos de Secundaria e Bacharelato e os 29 de Primaria que finalmente serán expostos entre o mércores 22 e o venres 24 de novembro no recinto de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense).
- Investigación sobre a evolución na obtención de recursos a través do tempo
- O proxecto baséase nunha investigación sobre o uso de recursos en tres xeracións (avós/as, pais e a súa). 18 alumnos/as entrevistaron a 55 persoas sobre o uso de recursos nunha idade concreta (15 anos). Cos resultados, elaboraron informes e expuxéronos nunha exposición xunto con 100 fotos e 50 obxectos. Os alumnos constararon enormes cambios no acceso a recursos entre as tres xeracións.
- Centro: CPI Mosteiro-Meis. Meis. Pontevedra
- Docente: Camilo Ojea Bouzo. Alumnas: Sandra Serén López e Milena González Barreiro
- O proxecto baséase nunha investigación sobre o uso de recursos en tres xeracións (avós/as, pais e a súa). 18 alumnos/as entrevistaron a 55 persoas sobre o uso de recursos nunha idade concreta (15 anos). Cos resultados, elaboraron informes e expuxéronos nunha exposición xunto con 100 fotos e 50 obxectos. Os alumnos constararon enormes cambios no acceso a recursos entre as tres xeracións.
- Modificación xenética dun fungo
- Este proxecto consiste na modificación xenética do fungo Pleurotus Ostreatus con raios ultravioleta tipo C, co obxectivo de provocar graos de crecemento e desenvolvemento distintos. Para realizar este proxecto decidiuse dividir o fungo en tres grupos: un que non foi exposto a raios ultravioleta, outro que foi exposto durante 1 hora e outro que se expuxo 2 horas. O crecemento dos fungos presenta diferencias moi notables.
- Centro: Colegio Internacional SEK-Atlántico. Poio. Pontevedra
- Docente: Vanesa Rey Fernández. Alumnos: Carlos Casquero Fernández de Ana e Santiago Janeiro Catoira
- Este proxecto consiste na modificación xenética do fungo Pleurotus Ostreatus con raios ultravioleta tipo C, co obxectivo de provocar graos de crecemento e desenvolvemento distintos. Para realizar este proxecto decidiuse dividir o fungo en tres grupos: un que non foi exposto a raios ultravioleta, outro que foi exposto durante 1 hora e outro que se expuxo 2 horas. O crecemento dos fungos presenta diferencias moi notables.
- A botella que se autoaplasta
- Este traballo baséase nun experimento relacionado co campo de física (estados de agregación da materia). Consiste en quentar auga ata case a ebullición e metela nunha botella. Despois, péchase a botella e déixase durante un minuto. Unha vez pasado o minuto, baleirase a auga e péchase a botella baleira na que queda aire moi quente. A medida que se vai enfriando, pódese observar que a botella se vai autoaplastando.
- Centro: Colegio Internacional SEK-Atlántico. Poio. Pontevedra
- Docente: Iria Rodríguez Vega. Alumnos: Javier Ibarra González de la Ballina e Manuel Vaz Lopes dos Santos
- Este traballo baséase nun experimento relacionado co campo de física (estados de agregación da materia). Consiste en quentar auga ata case a ebullición e metela nunha botella. Despois, péchase a botella e déixase durante un minuto. Unha vez pasado o minuto, baleirase a auga e péchase a botella baleira na que queda aire moi quente. A medida que se vai enfriando, pódese observar que a botella se vai autoaplastando.
- Xa sabemos a que sabe a Lúa, pero… de onde saíu?
- Este traballo forma parte do proxecto titulado "Experimento VI: ciencia e tecnoloxía" que se desenvolve neste curso no centro. Partindo da lectura do conto "A que sabe a lúa", os alumnos investigaron sobre o satélite e realizaron maquetas cos resultados das súas indagacións.
- Centro: CEIP Valle Inclán. O Grove. Pontevedra
- Docente: Verónica Lorenzo. Alumnos: Abril Freijeiro Piñeiro e Hugo Viñas Barcia