Poesía, teatro, roteiros e historias reais na campaña do 25-N
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Concellaría de Igualdade comezou este martes cos actos da campaña do 25-N, día mundial da loita contra a violencia machista, que este ano ten como guía a visibilización e empoderamento das mulleres artistas.
A campaña arrancou coa intervención poética "Recuperar as mans" de Tamara Andrés e continuará mañá ás 12.00 horas na praza da Peregrina coa performance "P-Persoa Ola 1" de Teresa Búa.
A programación continuará con:
- Xoves, 16 de novembro. Ás 20.30 horas na Casa da Luz coa charla-coloquio "A muller na escena musical".
- Venres, 17 de novembro. Ás 20.00 horas no Teatro Principal co concerto "As mulleres músicas de Pontevedra".
- Sábado, 18 de novembro.
- Ás 12.00-14.00 horas Roteiro pola cidade. Cunca e nécora especial Nós Turiña.
- De 11.00-15.00 horas. A muller-artista e o Patrimonio Cultural en Pontevedra. Organizada pola Deputación de Pontevedra.
- Domingo, 19 de novembro:
- 12.00 horas. Teatro Principal. Obra "Fin de Mes", da Aula de teatro do CIM
- 20.30 horas. Teatro Principal. Obra "Puedes llorar los viernes" de Vicky Estévez.
- Mércores, 22 de novembro.
- Ás 20.30 horas. Presentación do libro "Invisibles". Acto central da campaña. Unha publicación que recolle a historia de sete mulleres maltratadas polas súas parellas.
Baixo o lema NÓS-Feminino Plural ponse en marcha un "ambicioso e amplo" programa cultural de actividades dirixidas a crear conciencia social, combater a violencia machista e avanzar na igualdade.