Un curso na Escola de Enxeñaría Forestal axuda a detectar o sexismo
Por Redacción
O campus de Pontevedra acolle durante estas semanas un curso de formación en igualdade que ten como obxectivo o desenvolvemento de técnicas para detectar as desigualdades que se rexistran nos diferentes ámbitos educativos.
O curso pretende combater o sexismo e a desigualdade de xénero nas aulas e forma parte das actividades que se inclúen nun convenio asinado entre a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra. Ao redor de trinta persoas procedentes tanto do ámbito educativo como do social fórmanse nesta iniciativa que se desenvolve na Escola de Enxeñería Forestal do campus.
Trátase dun módulo que nunha primeira fase abroda aspectos teóricos e tamén prácticos sobre difrerentes aspectos en materia de desigualdade que despois se aplicarán nunha segunda fase, que se desenvolverá ao longo do segundo cuadrimestre cunha proposta máis práctica, segundo explica a profesora María Álvare Lires, nunha información que publica o DUVI a través de Eduardo Muñiz.
Neste curso trátanse temas como os estereotipos, a brecha salarial ou o teito de cristal, ademais da diferenza entre sexo e xénero, o uso dunha linguaxe non sexista e a socialización. Entre outros temas se analizan cuestións como que a maior parte do espazo no patio de recreo destínase a deportes masculinizados como o fúbol mentres que só unha parte pequena emprégase para o resto de escolares.