A asociación de veciños de Pardavila reclama melloras no seu local municipal
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os concelleiros de medio ambiente, Marián Sanmartín e de medio rural, Pablo Novas, reuníronse este martes coa nova directiva da asociación de veciños de Pardavila. O encontro perseguía canalizar as principais demandas da zona, algunhas das cales teñen que ver con outras administracións como a Deputación ou a Xunta de Galicia.
Na reunión fíxose un repaso a actuacións que o concello ten previsto acometer nun curto espazo de tempo como a iluminación pública en Pardavila-Rúanova, e outras que requiren dun maior estudo, así como de dispoñibilidade económica para darlle trámite.
Ademais foron solicitadas varias melloras no local municipal Xoán XXIII onde na actualidade desenvolve as súas actividades esta asociación e onde se pretende que poidan ser utilizadas por outras asociacións desta zona, Macenlle ou A Moreira.
As melloras consistirán en mellorar temas de mantemento, calefacción, xanelas, chaira de entrada, tratando de mellorar os espazos que son utilizados cada vez por máis veciños.