Rosa Quintana visita Cabomar
Por Oskar Viéitez
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este martes no Porto de Marín as instalacións da empresa Cabomar de transformación de produtos do mar.
Quintana suliñou que a Xunta destina case 23 millóns de euros no 2018 para a mellora da transformación e comercialización de produtos do mar.
O orzamento para este fin medra un 55% con respecto ao deste ano 2017.
Con esta inversión búscase modernizar os procesos de produción das pemes, afianzar o apoio ás empresas de gran tamaño e conseguir un maior nivel de diversificación e diferenciación da oferta.
Rosa Quintana puxo de relevo a traxectoria desta empresa, que no 2016 pechou cun volume de ingresos de 74 millóns de euros, acadando as 23.000 toneladas comercializadas de produto.