O colexio Vilaverde xa ten nova caldeira
Por Redacción
A comunidade escolar do colexio Vilaverde xa non pasará frío. Educación anunciou a posta en marcha da nova caldeira de biomasa que, segundo recoñecen, se retrasou varios días por problemas na distribución das pezas desta instalación enerxética.
César Pérez Ares asegura que esta caldeira está a funcionar dende hoxe ao 75%, "e na área onde aínda estase a rematar a acometida para o remate completo da instalación, situaranse radiadores que faciliten a actividade escolar con toda normalidade.
Esta actuación forma parte dun proxecto de mellora enerxética no que se invisten preto de 500.000 euros.
Os traballos consisten principalmente no illamento da fachada, a substitución das luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética con detectores de presenza nas zonas comúns, a substitución de falsos teitos por placas coas características acústicas axeitadas e a reparación e pintado de paramentos interiores e zonas exteriores sen ladrillo cara vista.
Segundo apuntaron os responsables da unidade técnica da Xefatura Territorial e da empresa, os traballos estanse a levar a cabo aplicando un protocolo de seguridade que garante que a comunidade educativa non se vexa prexudicada polas obras.
Tamén garantiron que o amianto presente nunha serie de fiestras xa foi retirado ao comezo da inicio da obra, executándose dita acción por unha empresa especializada nun horario no que se garantiu que non houbera nin alumnos nin persoal educativo no colexio.
Relacionadas:
-
Malestar entre pais do colexio Vilaverde polos "vaivéns" na calefacción, que xa funciona
Por Natalia Puga |
-
Os xogos populares 'invaden' o recreo do colexio Vilaverde
Por Alejandro Espiño |
-
Pais do Vilaverde recollen firmas ante a falta de calefacción no colexio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Preocupación pola retirada de amianto do colexio de Vilaverde coincidindo coas clases
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |