O picudo segue cobrándose vítimas en Marín
Por Redacción
Unha das palmeiras situadas no paseo da Avenida de Ourense, deixou ver este domingo as desfeitas que o rhynchophorus ferrugineus, ou máis coñecido como picudo vermello, orixina nestas árbores.
Dita praga é un coleóptero, parecido a un escaravello de cor avermellada-alaranxada e orixinario do sueste asiático, que mide entre os 19 e os 42 milímetros de longo. As larvas deste insecto escavan galerías dentro do tronco das palmeiras, deteriorándoas gravemente antes de que poidan verse os primeiros síntomas visibles.
Os adultos voan de palmeira en palmeira ata varios quilómetros, atraídos polo cheiro que desprenden os cortes da poda das palmeiras. Unha vez nelas depositan decenas de ovos nas follas.
O máis inusual esta vez era que se normalmente as palmeiras atacadas polo picudo teñen as follas caídas, nesta palmeira as follas parecían estar sas. Con todo o dano estaba no tronco, partíndoo pola metade.
Debido á proximidade doutras palmeiras, case no bordo da estrada e situadas nun paseo moi transitado diariamente, os técnicos e expertos na materia están a facer un estudo para coñecer a afección que poden ter outras palmeiras da contorna, xa que para evitar males maiores poderían ser talladas se se verifica que están afectadas e non se garante a seguridade.
Relacionadas:
-
Investimento de 5.000 euros para evitar que o picudo ataque as palmeiras marinenses
Por Redacción |
-
Retiran dúas palmeiras de Portocelo debido ao picudo
Por Redacción |
-
Tallan outra palmeira afectada polo picudo na Avenida de Ourense
Por Redacción |
-
As palmeiras da Praza de España, afectadas polo picudo vermello
Por Redacción |
-
"Este foi o ano da eclosión definitiva do picudo"
Por Redacción |
-
Comezan os traballos para eliminar dúas árbores do Sexto Edificio
Por Mónica Patxot |
-
Marín talla seis palmeiras vítimas da praga do picudo
Por Redacción |
-
A loita contra a praga de picudo vermello nas palmeiras, a estudo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Aplican un tratamento contra o picudo vermello nun total de 80 palmeiras municipais
Por Redacción |
-
Sanxenxo investirá case 21.000 euros en tentar frear a praga do 'picudo vermello'
Por Redacción |