Realizan o replanteo previo ao inicio das obras de mellora da PO-234
Por Redacción
Nos últimos días realizouse o derradeiro trámite administrativo previo ao inicio das obras da mellora integral da estrada PO-234, entre os municipios de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas. Os traballos arrancarán a finais deste mes de novembro.
Segundo informou o Concello de Cerdedo-Cotobade, o presidente do municipio, Jorge Cubela, técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas e representantes da firma Francisco Gómez y Cía acaban de realizar o replanteo da primeira fase da obra, que se corresponde co treito da parroquia cotobadesa de Augasantas.
O acto de replanteo serviu para determinar numerosos aspectos organizativos da obra, efectuar medicións e realizar unha completa visita pola zona para comprobar os servizos que resultarán afectados. Nesta visita participou o presidente da comunidade de montes de Augasantas, Nicasio Rivas.
A visita tamén permitiu facer un percorrido no que se concretaron os servizos, subministros e prestacións que se verán afectados pola actuación, así como os muros que haberá que refacer para poder acometer estes traballos.
Esta primeira fase correspóndese cun treito de 2,69 quilómetros do termo de Cotobade. O tramo comprende desde o punto quilométrico 4,150, no cruce de Portasouto, ata o 6,840, xa en Augasantas, e será executado pola firma Francisco Gómez y Cía, que resultou adxudicataria por un importe de 523.000 euros.
Relacionadas:
-
A Xunta engade unha senda peonil en Augasantas ao proxecto da PO-234
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Xunta reitera a Ponte Caldelas o seu compromiso coa mellora da PO-234
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas denuncia a retirada de 300.000 euros dos orzamentos da reforma da PO-234
Por Redacción |
-
Avanza a rehabilitación integral da histórica aldea de Fontán
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas 'aforrará' cartos nas expropiacións da PO-234
Por Redacción |
-
A Xunta inicia o proceso expropiatario da estrada PO-234 entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
18 empresas presentan ofertas para as obras da estrada PO-234
Por Oskar Viéitez |