Unha comisión supervisará a instalación de composteiros comunitarios en Monte Porreiro
Por Redacción
O portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, explicaba este luns que a decisión de suspender temporalmente a instalación dos composteiros comunitarios en Monte Porreiro só afectará a esta urbanización e é como consecuencia da "discusión acalorada" que se mantivo o venres durante a noite entre veciños contrarios e partidarios destes colectores de residuos orgánicos.
Finalmente, o presidente da asociación de veciños O Mirador Carlos Diéguez solicitou ao Concello que se suspendese a instalación. O goberno local ten previsto que se organice unha comisión para tentar chegar a acordos que permitan atopar as mellores localizacións para estes composteiros comunitarios. A decisión, explicaba Raimundo González, ten que ser "técnica" e por este motivo as propostas que se realicen polos veciños serán analizadas polos técnicos municipais.
Os composteiros previstos para a contorna da igrexa, o parque de Europa e o centro de saúde son os que ven afectados por esta suspensión. González lamentou que este desacordo veciñal leve o atraso no despregamento deste sistema en toda a urbanización. Destacou que os que xa están instalados funcionan perfectamente.
O portavoz municipal aclarou que en calquera caso esta medida non afectará a outros puntos de Pontevedra. E así sinalou que se manteñen conversacións cos veciños de Campolongo para acordar a instalación neste barrio nun breve prazo de tempo.
Relacionadas:
-
Veciños de Ponte Boleira opóñense á "inadmisible" instalación dun composteiro fronte a un edificio
Por Redacción |
-
A nova comisión veciñal de Monte Porreiro presenta un listado cos seus once obxectivos
Por Oskar Viéitez |
-
O PP esixe transparencia sobre a localización dos composteiros en Monte Porreiro e Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Traballos desde o luns para repoñer os espazos que ían ocupar os composteiros en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Mosquera lamenta que o PP estea a "quentar a cabeza" aos veciños dicindo que os composteiros son ilegais
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide "sentidiño" coa compostaxe para evitar que se converta nun "pesadelo"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica que os cartos investidos na compostaxe non reducen os residuos enviados a Sogama
Por Redacción |
-
Paralizan o despregue da compostaxe en Monte Porreiro ante a división veciñal
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Monte Porreiro piden no pleno que se cambie a situación dos composteiros
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Veciños de Monte Porreiro protestan contra a instalación de composteiros preto dun parque infantil
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada