As praias de Sanxenxo obteñen a máxima puntuación na calidade das súas augas
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo recibiu unha grata noticia por parte da Consellería de Sanidade, a través do seu programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño.
O municipio obtivo a cualificación excelente, a máis alta, en todas as praias que forman parte do seu programa de conservación de areais.
Trátase das praias de Area de Agra, Areas, Paradeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nuestra Señora de A Lanzada, Areas Gordas, A Lapa, O Espiñeiro e A Lanzada.
Para o cálculo desa puntuación final téñense en conta os resultados analíticos microbiolóxicos da tempada do ano en curso. Un total de nove controis en cada un dos dous parámetros analizados (escherichia e enterococos) e dos tres anos anteriores.
"Estes datos son un avance máis para conseguir que a bandeira azul volva lucir en areais que agora mesmo non teñen este distintivo, como son Caneliñas e Areas", sinalou o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Antonio Deza, despois de coñecer os resultados.