Música, teatro e castañadas populares no San Martiño de Poio
Por Redacción
Música, teatro e castañadas populares volverán ocupar os diferentes espazos da axenda cultural do Concello de Poio para esta fin de semana. Este venres comezan as festas na honra a San Martiño cun magosto, amenizado pola Orquestra Saudade e o Trío Azabache. Repartiranse preto de 200 kilos de castañas asadas e viño, todo de balde.
As alboradas, oficios relixiosos, xogos tradicionais, teatro, actividades para as crianzas, II Festa do Carneiro e moita música altérnanse no programa destas festas, repartidas ao longo do sábado e o domingo.
E se ainda quedan gañas de castañas, a SCD Raxó organiza o seu magosto na Praza Caneliñas. A partir das 21:00 horas poderán degustar castañas e viño acompañados da voz de Mar Davila. Xogos tradicionais e obradoiro de calacús farán as delicias da rapazada que se achegue ao lugar a partir das 20:00 horas da tarde.
Xa, na xornada do domingo e no marco da programación das Festas de San Martiño, volve o "Cóntame un Conto". Nesta ocasión, teatriño de papel acompañdo de múscia de zanfona para falar dunha festa tan tradicional como son os magostos. O domingo 12 ás 18:30 horas representarse no adro da igrexa de San Martiño "As historias do Kamishibai" e "Carro dos soños".