O BOP publica este xoves licitacións de obras por 22 millóns de euros
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra publica este xoves no Boletín Oficial da Provincia licitacións de obras por 22 millóns de euros.
O máis cuantioso é o anuncio da licitación do novo contrato para reordenar a conservación e mantemento dos 1.700 quilómetros de estradas provinciais.
Este contrato permitirá agrupar por zonas as adxudicacións de obras, servizos, sinalización e subministro de materiais que xa se adxudicaban ata o de agora externamente para completar as actuacións das brigadas provinciais, co fin de traballar de xeito máis planificado e eficiente con menos recursos.
O novo contrato de conservación ten un orzamento inicial de 20.711.149,63 euros e un prazo de catro anos (3.915.701 euros por exercicio). As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 20 de decembro e a intención é que se poña en marcha o máis rápido posible ao longo do 2018.
ACCESO PRÍNCIPE FELIPE
A Deputación de Pontevedra tamén vén de anunciar oficialmente a licitación da obra de mellora de acceso ao centro Príncipe Felipe no Concello de Pontevedra. O Boletín Oficial da Provincia publica este xoves o anuncio da contratación, que ten un orzamento de 549.981 euros e marca un prazo de execución de seis meses.
O prazo de presentación de ofertas finalizará o 5 de decembro.
ESTRADA EP-9106 EN SAN VICENTE DE O GROVE
O Boletín Oficial da Provincia tamén publica o anuncio da licitación da obra de actuación integral de seguranza viaria e mobilidade sostible na EP-9106 dende a EP-9101 ata a igrexa de San Vicente no Concello de O Grove.
A contratación ten un orzamento de 542.261 euros e dá un prazo de execución de catro meses.
Relacionadas:
-
As obras na estrada de San Vicente pararán a finais de xuño para evitar molestias
Por Redacción |
-
O pleno da Deputación aproba o cambio no modelo de conservación das estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación destinará máis de 33 millóns en conservación de estradas durante o próximos catro anos
Por Diego Espiño |
-
Os novos accesos a Príncipe Felipe e Montecelo, en obras na primavera de 2018
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A mellora da estrada de San Vicente do Grove, máis preto
Por Redacción |