Vilaboa instalará 10 composteiros comunitarios durante 2018 nos núcleos de máis poboación
Por Redacción
O Concello de Vilaboa xa conta con tres centros de compostaxe comunitarios situados nas proximidades do restaurante Luís, no Parque de Riomaior e no xeriátrico de Rialiña, co obxectivo de dar servizo a grandes produtores de lixo.
Está previsto que en 2018 se instalen outros 10 composteiros máis naqueles núclos de maior densidade de poboación e preto dos principais produtores de materia orgánica, establecementos de hostalería e supermercados principalmente. Ademais, durante a fase inicial, case 100 familias recibiron composteiros individuais que reduciron a emisión de lixo do concello nun 50%.
Segundo indican desde Amigos da Terra, a colaboración veciñal será imprescindible na segunda fase para que Vilaboa se convirta nun modelo de xestión de lixo. Por iso, desde o Concello de Vilaboa convoca os veciños a que participen nas reunións que se realizarán nos distintos lugares do municipio. Nelas repartiranse composteiros de 400 litros, un manual de compostaxe e ofrecerase información para elaborar o compost. Despois, os veciños contarán durante un ano con asesoramento técnico personalizado a domicilio.
Este domingo 12 na Feira de San Martiño está prevista a instalación dun posto con persoal de Amigos da Terra e da Deputación Provincial para informar sobre o proceso de compostaxe, dentro do proxecto Revitaliza.
Relacionadas:
-
A Deputación abre a porta para instalar composteiros en terrazas na terceira fase do Plan Revitaliza
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Tes dúbidas sobre a compostaxe? A mestra composteira responde
Por Noticia patrocinada |
-
Compostaxe: á vangarda da xestión do lixo na Galiza
Por Noticia patrocinada |